Aumenta na Bretaña o alumnado que escolle inmersión lingüística en bretón

Aula nunha escola 'Diwan', en Bretaña

Máis de 4.000 escolares iniciaron o presente curso na rede de centros 'Diwan'. A este alumnado hai que engadir os máis de 16.300 que estudan en centros públicos e privados bilingües (bretón 50% das materias).

O curso 2015-16 comezou en Bretaña cun aumento nos alumnos que cursan bretón, un 3,2 por cento máis que no curso anterior. O principal incremento porcentual (un 6%) produciuse na rede de escolas 'Diwan', onde o modelo que se segue é o da inmersión lingüística en bretón. Mais tamén houbo un alza na escola pública bilingüe -onde bretón e francés se imparten ao 50%- e na escola privada católica bilingüe (tamén ao 50%).

Así, este curso arrancou con máis de 4.000 estudantes na rede 'Diwan', máis de 7.100 na rede pública (un 3% máis que no anterior) e 5.150 na privada (un aumento do 0,6 por cento). Son un total de 16.345 alumnos a cursar en 2015-16 como mínimo a metade das asignaturas en bretón. Son catro novas liñas de bretón abertas para este curso: Diwan abriu en Pont-Croix e o ensino público en Brest (o seu terceiro centro en bretón), en Quimperlé e en Liffré.

O bretón é unha lingua indo-europea que se fala desde hai máis de 1.500 anos. Por volta de 200.000 bretóns saben falar o seu idioma propio. Porén, e como lembra a Oficina Pública de Lingua Bretoa, A falta de personalidade xurídica e da exclusión case total vida pública e, ata hai pouco, do ensino fai que Unesco clasifique bretoncomo lingua en grave perigo de extinción.