O Borbón fixa para Sofía e Letizia un soldo que é 6 e 5 veces o salario medio español

El-Rei, Juan Carlos de Borbón

A raíña Sofía cobrará 63.234 euros fixos e 68.500 en 'gastos de representación'. A princesa Letizia percibirá 49.182 euros e 53.282 respectivamente. Cantidades moi por riba da media dos e das traballadoras do estado español.

 

Un voceiro da Casa real española informou nesta segunda feira que o Borbón decidiu que a raíña Sofía e a princesa Letizia tivesen un salario fixo, para alén de 'extras' por gastos de representación. Unha decisión que argumentan e publicitan como unha aposta por dar transparencia ao orzamento que recibe La Zarzuela.

Así, a raíña cobrará 63.234 euros como soldo fixo e 68.505 en concepto de gastos de representación. A princesa, pola súa parte, recibirá 49.182 euros e 53.282 euros, respectivamente. 

O voceiro da Casa real explicou que que se tomou como referencia o soldo de Juan Carlos de Borbón. A raíña, neste sentido, cobrará o 45% do montante recibido polo rei e Letizia, o 35%. O Príncipe, como en anos anteriores, recibe o 50%.

Sofía, así pois, recibirá neste 2004 un total de 131.739 euros e Leticia 102.465. O salario medio no Estado español é de 22.071. 

A partida que recibe a Casa real ronda os 8 millóns de euros. Mais a este hai que engadir cuestións (por exemplo, seguridade) que son pagados polos ministerios correspondentes, neste caso, o de Interior.

Os medios españois recollen que as tres operacións do Borbón en 2013 tiveron un custo superior aos 165.000 euros.