Un camión atropela unha multitude en Estocolmo e causa catro mortos

A policía acusa un dos detidos, un uzbeco de 39 anos de idade, de ser o responsábel do atentado.

Un camión atropelou esta sexta feira unha multitude en Estocolmo, a capital de Suecia, provocando a morte de catro persoas. "Todo apunta a un atentado terrorista", segundo o primeiro ministro sueco, Stefan Löfven. O camión após bater contra a xente que paseaba por Drottninggatan, unha arteria comercial de Estocolmo, acabou empotrado contra uns grandes almacéns. 

Hai unha persoa detida como sospeitosa de estar relacionada co atentado. É un uzbeco que mostrou simpatías polo Estado Islâmico, segundo avanza o diario sueco Aftonbladet.

Segundo este medio, o home, de 39 anos, reside noutro barrio da capital sueca e tiña colocado na súa páxina na rede social Facebook vídeos propagandísticos de Daesh.