Catalunya condena a represión policial contra o 1-O

concentracions catalunya

Concentracións perante concellos e centros de traballo para rexeitar a actuación policial. Carles Puigdemont e Ada Colau encabezan o protesto na Praza de Sant Jaume.

Catalunya acolleu esta segunda feira centos de concentracións perante concellos e centros de traballo para rexeitar a violencia policial contra o referendo, unha represión que causou máis de 840 persoas feridas, varias delas de gravidade. Ás 12:00 horas, tal e como convocara a plataforma Táboa democrática, comezaron as concentracións, de 10 minutos de duración. A esa hora, miles de estudantes saían en manifestación en Barcelona.

Este acto é o limiar para a xornada de greve xeral ou paro de país ao que Catalunya está convocada esta terza feira. Un protesto que conta co apoio de sindicatos, organizacións deportivas, colectivos sociais, entidades soberanistas, asociacións de pais e nais, etc...