'Caso Palau': CDC condenada a devolver 6 millóns de euros

Imaxe: Vilaweb

Xa hai veredicto xudicial sobre o caso Palau: A Audiencia de Barcelona fixo pública esta segunda feira a setenza sobre o ‘saqueo’ da institución cultural catalá.  Condena a nove anos e oito meses de cárcere o ex-presidente do Palau da Música Félix Millet, e a sete anos e seis meses a Jordi Montull, a súa man dereita.

 

A Audiencia considerou probado que CDC cobrou 6,6 millóns de euros en comisións irregulares a través do Palau da Música Catalana, que Ferrovial pagaba en concepto de patrocinios, pero que chegaban ao partido a cambio de adxudicacións de obra pública. CDC terá que pagar as ganancias que obtivo de todo o expoloi que están valoradas en 6.676.105 euros. O seu ex tesoureiro Daniel Osàcar foi condenado a 4 años e cinco meses de prisión.