A CDU bate primeiro a seis meses das eleccións federais e revalida vitoria no Sarre fronte á caída da esquerda

Parlamento de Sarre. Imaxe SPD

O partido de Merkel logrou 40,7% dos votos nesta rexión mentres que o SPD e Die Linke perderon apoios. Os Verdes e Partido Pirata fican fóra do parlamento, onde entra a extrema dereita.

A CDU revalidou vitoria en Sarre, un pequeno land do oeste de Alemaña onde os cristianodemócratas levan dominando dúas décadas. Aumentou en apoios, obtendo case un 41% de votos, o que supón un aumento de cinco puntos a respecto dos anteriores comicios rexionais, en 2012, cando lograron 35,2%. Unha vitoria importante a seis meses das eleccións federais, para as que as actuais enquisas vaticinan empate técnico entre socialdemócratas e demócratacristiano.

O bo resultado da CDU contrasta  colleitado polas tres forzas de esquerda.  O ‘efecto Martin Shultz’ non parece que fixese efecto  e o SPD perdeu 1 punto a respecto de 2016, ficando en 29,6% dos votos.  Die Linke (A Esquerda) mantense como terceira forza, mais obtivo un apoio 3 puntos menor que hai cinco anos: 13% agora, 16,1% en 2012. De por parte, Os Verdes ficaron fóra do Parlamento, onde tiñan 2 deputados, ao ter un 4% de apoio nas urnas e non superar a barreira do 5% para ter representación na Cámara do Sarre.  O Partido Pirata, que dera a sorpresa en 2012, tampouco obtivo votos abondo para revalidar a súa presenza parlamentar en Sarre, onde tiña 4 representantes.

Quen si lograr entrar na Cámara é a extrema deita, AfD, que logrou un 6% dos sufraxios e convértese na cuarta forza parlamentar de Sarre. A AfD ten presenza xa en 11 dos 16 parlamentos rexionais alemáns, e colle pulo para entrar na Cámara federal.

A participación nas eleccións foi alta, un 70%, superior á rexistrada en 2012 (61,6%). As vindeiras citas electorais serán os comicios rexionais en Schleswuing-Holstein e Renania-Westfalia, ambas as dúas en maio. No primeiro dos lands citados goberna unha coligazón entre socialdemócratas, verdes e un partudo da minoría danesa. No segundo, unha coligazón entre SPD e Os Verdes.