China medrou un 6,7% en 2016, o ritmo máis lento en 26 anos

A presidencia de Trump -o magnate estuda a alza dos aranceis- e as secuelas do estourido do boom inmobiliario son os desafíos da economia chinesa para 2017.

A economía de China medrou un  6,7% o ano pasado, o ritmo máis lento en máis de 20 anos. Os líderes do país empregan enormes estímulos monetarios para que a economía alcance a súa meta este ano. 

A superpotencia asiática é un motor esencial de crecemento global, mais Pequín está a tentar reducir a súa forte dependencia das exportacións e do investimento apoiado polo Estado e concentrarse en fomentar a demanda interna para retomar a expansión.

O sector das manufacturas tivo que facer fronte a unha demanda globalen retroceso e a un exceso de capacidade industrial após o estourido da burbulla inmobiliaria. Isto fixo que a economía medrara un 6,7% en 2016, na liña das previsións, mais por debaixo do 6,9% do 2015. 

Segundo as estatísticas, este é o peor rexisto desde 1990. “ A economía de China estaba dentro dun intervalo axeitado coa mellora da calidade e eficiencia. Mais, hai que ser conscientes de que as condicións internas e externas aínda son complicadas e graves”, dixo o departamento de estatística nun comunicado.