ACCIDENTE NOS ALPES DO AIRBUS A320

Colle forza a hipótese dun sinistro deliberado

O copiloto accionou deliberadamente o descenso do avión e impediu o regreso á cabina do piloto, recoñece a Fiscalía francesa, que afirma que o copiloto estaba vivo até que o avión se estrelou.

 

O accidente do Airbus A320 de Germanwings puido ser un sinistro deliberado. Esa é a hipótese que nas últimas horas colleu forza entre os responsábeis da investigación, segundo apontan medios coma Le Monde ou New York Times, entre outros. Xa nun primeiro momento púxose esta opción sobre a mesa mais non se contemplou como prioritaria, algo que si está a acontecer nas últimas horas. O NYT desvelou que un dos pilotos abandonou a cabina e cando quixo regresar a ela non puido entrar. O feito de que a porta da cabina só se bloquee ou por dous erros ou de forma voluntaria desde dentro levou a investigación a barallar a hipótese de que alguén quixo que se estrelase. Algúns medios sinalan a posibilidade do suicicio do piloto da cabina.