Concentracións masivas en Catalunya pola liberdade dos presos nunha xornada de greve xeral

catalunya greve folga greve

A xornada está marcada polos cortes viarios e ferroviaros, así como mobilizacións concorridas.

Catalunya rexistrou esta quinta feira o maior número de cortes viarios e ferroviarios nunha greve xeral. Uns cortes que afectaron autoestradas, liñas de AVE e de proximidade ou estradas comarcais e locais no marco da greve convocada pola central independentista I-CSC, co apoio de parte da CGT e do colectivo de CC OO Comissions per la Independència. UGT e CC OO non a apoian formalmente.

 

O outro elemento a pór en destaque na xornada son as concentracións masivas para exixir a liberdade dos membros do Govern presos, así como dos ‘Jordis’. Máis de 8.000 persoas en Barcelona e 5.500 en Sabadell, por citar só dúas das cidades onde decorreron estas mobilizacións. Mais a listaxe é moito máis ampla. En Lleida, centos de tractores acompañaron a miles de persoas na manifestación.

 

O Estado español fixo de menos a mobilización, indicando que apenas tivo seguimento no ensino (onde dixo que foi de 31,5%, os sindicatos convocantes falan de 45%). Porén, o paro de país evedenciouse en diferentes sectores, desde diversas industrias, comercio local, meios de comunicación até transporte.