A Corte penal da Haya afirma que EUA cometeu crimes de guerra en Afganistán

Imaxe: Defensa de EUA

O informe mantén que os crimes cometéronse en todas as provincias afganas, un total de 34.

A Fiscalía da Corte penal internacional (CPI) da Haya considera que hai razóns sólidas para crer que o exército de Estados Unidos cometeu crimes de guerra en Afganistán, principalmente nos anos 2003 e 2004 se ben nalgúns casos continuaron até 2014. Nun informe que se vén de facer público, os fiscais da CPI afirman que forzas de EUA cometeron crimes relacionados coa tortura e outros tipos de violacións dos dereitos humanos en campos secretos de detención.

A Corte considera que estes centros eran xestionados pola CIA e os crimes de guerra cometéronse nas 34 provincias afganas, se ben sinala como aquelas máis afectadas as de Kandahar e Helmand. O documento recolle que “membros das forzas armadas de EUA parece ter sometidos 61 persoas detidas a tortura” e que os oficiais estadounidenses terían torturado outras 27 persoas detidas.

A fiscalía suliña que posúe razóns fundadas para crer que os talibán e os seus aliados tamén son responsábeis de crimes de guerra e crimes contra a humanidade. De crime de guerra e torturas tamén a fiscalía deste organismo considera que hai indicios abondo para sinalar o goberno afgano