Eh Bildu e Die Linke denuncian na Comisión europea as pensións de Alemaña aos voluntarios da 'División azul'

Eurodeputados de EH Bildu e de Die Linke consideran “inaceptábel” que 70 anos despois de finalizar a IIGM o goberno xermano pague as prestacións aos que cualifican de “voluntarios nazis”.

O goberno alemán paga máis de 107.000 euros anuais aos voluntarios fascistas españois que combateron o exército de Hitler na II Guerra Mundial. 41 ex-combatentes, 8 viúvas e 1 orfo benefícianse dos pagamentos.

O deputado de EH Bildu en Bruxelas e as parlamentarias europeas de Die Linke denunciaron perante a Comisión europea que o executivo xermano continúe a pagar as pensións a persoas que voluntariamente integraron unha división que formou unha unidade de infantería dentro do exército nazi.

Die Linke e EH Bildu cualifican de “incompensíbel e inaceptábel· que sete décadas despois de finalizada a IIGM Alemaña siga a pagar pensións a “voluntarios nazis mentres tantas vítimas do totalitarismo fascistas non foron reparadas”. Inciden en que a propia Comisión ten feito non poucos chamamentos suliñando a importancia de “preservar a memoria dos crimes cometidos” polo rexime nazi. Así, agardan que este organismo “tome medidas” contra a decisión do goberno de Alemaña.