Dezaseis mulleres acusan o mago David Copperfield de abusos sexuais

Copperfield (Foto: Europa Press)

A metade das acusacións proceden de mulleres que din que eran menores cando sufriron os abusos

David Copperfield, o famoso mago estadounidense, foi acusado por dezaseis mulleres de comportamento inadecuado e abuso sexual. Así o revela unha investigación do xornal The Guardian.

A metade das acusacións proceden de mulleres que din que eran menores cando sufriron os abusos; de feito, dúas mulleres, que ofrecen o seu testemuño ao xornal, aseguran que, ademais de ser vítimas de abusos sexuais, foron drogadas polo mago. Algunhas delas non tiñan nin 15 anos.

Non é a primeira vez que David Seth Kotkin, o verdadeiro nome de David Copperfield, é acusado de agresión sexual.

En 2018, a modelo Brittney Lewis informou de que fora agredida sexualmente polo mago dúas décadas antes, cando tiña dezasete anos, e despois de velo como puxera algo no seu vaso.

A denunciantes da conduta do mago coincidiron con el por motivos laborais, cando el xa era un dos máis exitosos ilusionistas con recoñecemento internacional.

Algunhas delas explicaron ao citado diario británico que só despois da irrupción do #MeToo tomaron conciencia e sentíronse capaces de falar sobre as súas malas experiencias con Copperfield, quen insistiu en negar calquera mal trato fóra do escenario.