O independentismo derrota nas urnas o 155
Cunha participación histórica (81,9%) e nunha situación de anormalidade, o independentismo foi quen de manter a maioría parlamentar. Junts per Catalunya (34 escanos), ERC (32) e CUP (4) suman 70 deputados dos 135 que ten o Parlamento catalán. Maioría absoluta, que está en 68. A forza máis votada foi Ciudadanos, con 37 escanos, mais que son insuficientes para tecer unha maioría constitucionalista ou do 'bloque do 155' pois PSC ficou en 17 escanos e PP, 3 (suman 57). Os populares pasan ser a última forza en Catalunya.
O independentismo logrou 47,5% dos votos, por 45% das forzas do bloque que apoiou o 155 e 7,4% dos 'comúns', que logran 8 deputados, 3 menos que hai dous anos.
Por circunscricións, Ciudadanos foi a forza máis votada en Barcelona e Tarragona, sendo Junts per Catalunya en Girona e Lleida.
00:11 |
Carles Puigdemont (Junts per Catalunya) comparece en Bruxelas e afirma que "a república catalá derrotou a monarquía do 155". Para Puigdemont, nas eleccións deste 21D "o Estado español foi derrotado" e Mariano Rajoy "recibiu unha labazada dos cataláns". Os resultados, con maioría independentista no Parlament, deben levar a Europa a "tomar nota", dixo. Junts per Catalunya logra 34 escanos e 21,7% dos votos |
00:00 |
Marta Rovira (ERC): "O independentismo gañou as eleccións e derrotou Mariano Rajoy", afirmou, ao tempo que sinalaba que o resultado supón que o pobo catalán quere "recuperar" as institucións. ERC obtivo 32 escanos e 21,4% dos votos |
23:50 |
Inés Arrimadas (Ciudadanos) afirma que o independentismo perdeu as eleccións e gábase que "por primeira vez en Catalunya gañou o constitucionalismo". A candidata de Cs di que "ficou claro" que a maioría dos cataláns queren ser españois. Ciudadanos obtivo 37 escanos e 25,3% dos votos |
23:28 |
Xavi Domènech (Catalunya en Comú) lamenta que nestas eleccións as gañadoras fosen as forzas da dereita e di que "os resultados son sagrados" e sitúan os comúns "na oposición". CeC logra 8 deputados e 7,4% dos votos |
23:23 |
MIquel Iceta (PSC). Pide desbotar a unilateralidade e destaca que o independentismo perdeu escanos. PSC obtén 17 escanos e tivo 13,8% dos votos |
23:17 |
Carles Riera (CUP) comparece. "A república do 1 de outubro gañou estas eleccións" CUP: 4 escanos e 4,5% dos votos |
23:07 |
Comparece Albiol (PP). Parabeniza Ciudadanos e recoñece o mal resultado do Partido Popular. "É un mal idea, vemos con preocupación o futuro de Catalunya coa maioría independentista". PP: 3 escanos e 4,4% dos votos |
23:01 | Avanza o escrutinio, que xa é de 93% e confirma as tendencias: O independentismo mantén a maioría absoluta en escanos, Ciudadanos primeira forza, Junts per Catalunya segunda e PP, última forza en Catalunya |
22:49 |
ANC: "O independentismo gañou as eleccións con máis participación da historia e nun contexto particularmente difícil". |
22:27 | 73% escrutado: o independentismo obtén 70 dos 135 escanos. Maioría absoluta. Junts per Catalunya (34 deputados) e ERC (32) suman mellores resultados (66 escanos) que cando foron xuntos en 2015 en Junts pel Si (62) |
22:16 |
62,3% escrutado: Cs primeira forza, con 35 escanos e JxC segunda, con 34. ERC, 32. |
22:03 |
Con case 50% do voto escrutado, Ciudadanos (35 escanos) e JxC (34) compiten por ser a forza con máis deputados. ERC tería 32, PSC 18, Catalunya en Comú 8, CUP 4 e PP 4. O independentismo mantería a maioría absoluta, con 70 escanos de 135 |
21:54 |
Co 37,5% escrutado: Independentismo 72 escanos, maioría absoluta Constituciuonalismo 55 Catalunya en Comú 8 |
21:41 | Co 21% escrutado, independentismo sumaría 71 escanos e mantería maioría absoluta: JxC (34), ERC (32) e CUP (5) |
21:35 |
Co 15,52%% escrutado Junts per Catalunya 35, ERC 31, Ciudadanos 35, PSC 18, Comúns 8, CUP 5 e PP 3 |
21:17 |
Co 6% escrutado CS supera ERC Junts per Catalunya 35, ERC 31, Ciudadanos 34, PSC 18, Comúns 8, CUP 6 e PP 3 |
21:05 | Escrutadas primeiras 100.000 papeletas (apenas 2,25% dos votos): Junts per Catalunya (43), ERC (33), Ciudadanos (27), PSC (16), CUP (7), Catalunya en Comú (6) e PP (3) |
20:33 | As primeiras reaccións desde as diferentes formacións son prudentes e coinciden en remarcar a alta participación. |
20:27 | Escrutados os primeiros 1.200 votos, Junts per Catalunya obtería 73 dos 135 deputados, ERC 35, Ciudadanos 10, CUP9 e PP 6 |
20:15 |
Unha enquisa que publica El Diario dá a Ciudadanos como forza máis votada e sinala a posibilidade dunha maioría independentista. Ciudadanos: 32/33 ERC: 30/31 Junts per Catalunya: 28/29 PSC: 21/22 Catalunya en Comú: 8/9 PP: 6/7 CUP: 6/7 |
20:00 |
Ciudadanos sería a forza máis votada mais o independentismo lograría a maioría, segundo a enquisa que vén de facer pública La Vanguardia, feita con 3.200 entrevistas telefónicas durante estes días. Ciudadanos: 34/37 escanos ERC: 34/36 Junts per Catalunya: 28/29 PSC: 18/20 Catalunya en Comú: 7/8 CUP: 5/6 PP:3/% |
20:00 | Feche de colexios electorais e inicio do reconto |
19:22 | A portavoz do Secretariat Nacional da CUP, Núria Gibert, comparece perante a imprensa para denunciar que hai 830.000 persones que "non puideron votar" e empraza a todos os cidadáns a facelo porque este 21D "vai de democracia". |
19:19 |
A participación definitiva ás 18:00 horas é de 68,3%, cinco puntos máis que nas eleccións de 2015. A participación aumenta en todas as demarcacións. Barcelona: 68,7% (+5,4); Girona: 68,2% (+3,1); Tarragona: 66,9% (+4,9) e Lleida 66,6% (+5,4). |
18:10 | O incremento de participación deuse en todas as circunscricións. Na de Barcelona pasouse de 63,21 por cento de 2015 a 68,59 este 21D. En Girona o salto foi de 65,08 a 68,34 por cento. En Lleida de 61,11 a 66,20 por cento. En Tarragona de 61,78 a 66,72 por cento. |
18:04 | A tendencia da participación mudou claramente á tarde. Ás 18 horas votara xa 68,21 por cento do censo, 6,4 pontos máis que nas eleccións de 2015 |
17:40 | En colexios eleitorais de Lleida a participación a esta hora xa ten superado 70 por cento. |
17:06 | O número de catalás que votaron por correio desde o estranxeiro incrementou en 81 por cento a respeito das eleccións ao Parlament de 2015. |
15:25 | A Garda Civil considera delito de rebelión as manifestacións da Diada desde 2013. Isto transcende en plena xornada eleitoral. O atestado policial entregado ao Tribunal Supremo apunta agora Marta Rovira, Artur Mas, Anna Gabriel e unha vintena máis de dirixentes independentistas. Atribúelles a responsabilidade de deseñar un plan para declarar a independencia de Catalunya. |
13:20 | Primeiros dados de participación nas eleccións do 21D. Ás 13:00 horas é de 34,7%, catro décimas por baixo da rexistrada nos comicios do 27 de setembro de 2015. Barcelona 34,6%; Girona 35,2%; Tarragona 35,1% e Lleida 34,2%. |
12:40 |
Inés Arrimadas vota en Barcelona entre berros de "Presidenta" e de "Fascista". Ciutadáns nestas eleccións parte como unha das formacións favoritas nas enquisas a ser a máis votada, en disputa con ERC. |
12:20 |
A prisión de 'Estremera castiga Oriol Junqueras con cinco días sen poder saír da cela onde está preso. Tamén lle prohibe chamar a determinados números de teléfono. Son sancións por gravar unha mensaxe para un mitin de ERC e conceder unha entrevista a unha emisora de radio desde a cadea. |
11:50 |
Xavi Domènech (Catalunya en Comù-Podem) pide votar para "superar unha situación difícil como país" ao tempo que para "rachar cos bloques" e "atopar unha saída en positivo". O candidato, que votou en Barcelona, di que Catalunya precisa "unha nova etapa". |
11:25 |
Miquel Iceta, candidato do PSC, vota no colexio da Universidade de Barcelona e destaca a alta participación, "unha boa nova para calquer demócrata". |
11:19 | Laura Sancho, a rapaza de 18 anos que cedeu o seu voto a Carles Puigdemont, votou en Sant Cugat del Vallès |
11:00 |
Vota en Poblenou Carles Riera, candidato da CUP. "Pola República, os dereitos sociais e a asemblea constituínte", afirmou na súa conta de twitter. |
11.00 |
Vota Marta Rovira, número 2 de ERC, chamada a ser a presidenta executiva dun goberno de ERC se Junqueras se mantiver na cadea.
|
9:56 |
Grande afluencia de xente nos colexios electorais na primeira hora de votación neste 21D |
9:10 | Sen incidentes na abertura dos colexios. Hai un impresionante dispositivo policial despregado este 21D en Catalunya, con 17.000 policías. |
8.00 |
Todo preparado nos 2.680 colexios eleitorais constituídos en Catalunya este 21D. As urnas comezarán a se abriren ás 9 horas. 5,5 millóns de catalán están chamados a votar. Elexerán 135 escanos no Parlament. |