Eleccións rexionais dividen a oposición venezolana

Parte dos partidos que integran MUD ameazan con abandonar a plataforma se se concorre aos comicios, como apoian outras forzas opositoras.

Embora os discursos negando lexitimidade aos procesos electorais que decorren en Venezuela e falar de fraude en cada convocatoria que perden, a oposición está disposta a participar nas eleccións rexionais de decembro. Non toda a oposición, só unha parte, mentres que outra négase a dar o paso. Ábrese así unha desavinza no seo da autodenominada Mesa da Unidade Democrática (MUD).  Alianza Bravo Pueblo e Vente Venezuela  expresaron publicamente que están en contra de acudir ás votaciones, a diferenza de partidos como Acción Democrática ou Primero Justicia, que si queren participar.

 

Varios partidos da MUD xa presentaron os seus comicios para eses comicios mentres outros xa lles advertiron que condicionan a súa permenencia na Mesa a que non se tome parte nas eleccións. Opositores como María Corina considera que participar neste proceso implica “someterse” á “ditadura de Maduro”. “Ir a esas eleccións é recoñecer a Asemblea Nacional Constituínte e aceptar que perdemos a loita na rúa”, manifestou outro dirixente opositor, Machado, do partido Vente Venezuela.

 

Nicolás Maduro considera positivo que a alianza opositora acepte concorrer aos comicios rexionais malia acusar o Consello Nacional Electoral (CNE) de cometer fraude.