A esquerda xa festexa o triunfo en Honduras
A candidata do Partido Libre, Xiomara Castro, quen vai en alianza co partido Salvador de Honduras e a partido Innovación e Unidade-Social Demócrata ( PINU-SD), encabeza os resultados das eleccións xerais de Honduras, dado a coñecer polo Consello Nacional Electoral (CNE) na noite do domingo.
Un avanzo que apunta á vitoria da esquerda, que xa prognosticaban en boa medida moitas das enquisas e sondaxes. Castro xa recibiu nestas horas os parabéns de diferentes presidentes, como NIcolas Maduro.
Xiomara Castro do Partido Libre. Castro, dona do mandatario derrocado, Manuel Zelaya, preséntase por segunda vez á presidencia do país após ser derrotada en 2013 nuns comicios marcados pola fraude. A súa candidatura agrupa un amplo conglomerado de formacións nacionalistas e antiimperialistas, entra elas a liderada polo xornalista e candidato da oposición en 2017, Salvador Nasralla.
Co 51% das actas escrutadas, Xiomara Castro obtén 53.6% dos votos, seguida polo candidato do dereitista Partido Nacional, Nasry Asfura, (33,9%), e no terceiro posto figura Yani Rosenthal, do Partido Liberal (9,2%).
En total procesáronse até primeira hora desta segunda feira (hora galega) 1,407,214 votos nos 18 departamentos do país.
Das 18.293 Xuntas Receptoras de Votos (XRV) distribuídas en todo o país en 5.755 centros de votación, o CNE escrutou 7.124 actas no nivel presidencial, equivalente a un 40%.
Os comicios, nos que participaron 14 partidos e doce candidatos presidenciais, foron observados por máis de 400 enviados especiais da Unión Europea, a Organización de Estados Americanos ( OEA), a Unión Interamericana de Organismos Electorais ( Uniore) e expresidentes latinoamericanos.