EUA: Centos de seguidores de QAnon reuníronse en Dallas para esperar Kennedy Jr, morto en 1999

Unha imaxe da concentración

Os militantes deste grupo conspirativo de dereitas confiaban no mito de que o fillo do ex presidente estadounidense non falecera nun sinistro de avión, hai xa 22 anos.

 

Centos de seguidores do movemento conspirativo QAnon reuníronse en Dallas, Texas, á espera de que reaparecese John Kennedy, o fillo homónimo do  ex presidente de Estados Unidos morto nun accidente de aviación en 1999, co obxectivo de proclamalo compañeiro de fórmula do  ex mandatario Donald  Trump para as eleccións presidenciais de 2024.

Unha das teorías  conspirativas deste grupo de ultradereita é que Kennedy Jr. non morreu e permanece nalgures.

O obxectivo de  JFK Jr. nesta "reaparición", segundo os seguidores de  QAnon, sería anunciar un cambio na Casa Branca e a súa presentación como vicepresidente na candidatura de Trump

As imaxes publicadas nas redes sociais mostraron a ducias de persoas no lugar no que foi asasinado Kennedy pai en 1963, á espera de que  JFK fillo, supostamente oculto durante 22 anos, fixese unha aparición pública.

O obxectivo de  JFK Jr. nesta "reaparición", segundo os seguidores de  QAnon, sería anunciar un cambio na Casa Branca e a súa presentación como vicepresidente na candidatura de Trump, quen aínda non anunciou a súa carreira para 2024, mais é amplamente considerado por moitos como o favorito para gañar o nomeamento republicano se o fai.

O xornalista  Steven  Monacelli, editor da revista  Protean e colaborador do diversos medios estadounidenses, compartiu unha serie de imaxes nas que se puido ver que algúns dos presentes vestían camisetas estilo campaña política coas palabras: “ Trump/ FK Jr”.