Euskadi: as mesas constitúense sen incidencias e a xornada electoral arrinca con normalidade

Unha mesa electoral en Euskadi. (Foto: Europa Press)
O lehendakari, Íñigo Urkullo, confiou en que se dea unha alta participación e sinalou que deixará o cargo cunha “sensación de traballo realizado, dun camino percorrido e pensando en que intentamos facelo o mellor posíbel para deixar Euskadi na situación na que hoxe se atopa”.

Case dous millóns de persoas están convocadas ás urnas hoxe en Euskadi para escoller as representantes políticas que ocuparán os 75 escanos do Parlamento vasco nunha nova lexislatura. A gran novidade desta convocatoria é que EH Bildu aparece como probábel vencedor, por primeira vez, dos comicios.

As sondaxes daban un empate técnico entre abertzales e jeltzales, mais cara ao seu tramo final, EH Bildu foi consolidándose como primeira forza. O PNV foi a forza máis votada en todas as eleccións autonómicas da democracia, independentemente da abstención rexistrada: obtivo bos resultados con participacións máis altas e máis baixas.

Durante a campaña electoral, o secretario xeral do PSE-PSOE e candidato do partido a lehendakari, Eneko Andueza, fechou a porta a un acordó con EH Bildu.

As 2.695 mesas electorais constituíronse esta mañá sen incidencias e a xornada arrincou con normalidade, segundo informou o vicelehendakari primeiro e Conselleiro de Seguridade, Josu Erkoreka.

O lehendakari, Íñigo Urkullo, confiou en que se dea unha alta participación e sinalou que deixará o cargo cunha “sensación de traballo realizado, dun camino percorrido e pensando en que intentamos facelo o mellor posíbel para deixar Euskadi na situación na que hoxe se atopa”.

O candidato a Lehendakari de EH Bildu, pola súa parte, afirmou que se está “ante a oportunidade dun cambio que deixe atrás políticas caducas”.

Os avances de participación comunicaranse ás 14.07 horas, con datos recollidos unha hora antes en cada franxa. O Goberno vasco cambiou a forma de recolleita de datos e atrasou unha hora o momento en que toma a mostra. Tradicionalmente, a participación nos comicios vascos é alta.