Evo Morales, reelecto para un terceiro mandato con máis do 60% dos votos

Evo Morales

Gañou en 8 dos 9 departamentos de Bolivia, incluído Santa Cruz, tradicional feudo da oposición. “É unha vitoria do anti-imperialismo”, afirmou o líder indíxena, que adicou os resultados a Fidel Castro e Hugo Chávez.

 

Evo Morales obtivo un amplo apoio electoral para encamilar o seu terceiro mandato á fronte de Bolivia. Máis do 60% dos votos, segundo os resultados a boca de urna, atinxiu o líder indíxena, que venceu en 8 dos 9 departamentos en que se divide Bolivia. Entre eles, e por primeira vez, Evo foi o máis votado en Santa Cruz, tradicional feudo da oposición. Moi lonxe de Evo Morales ficaron nestes comicios os candidatos da oposición: Samuel Doria recibiu o 25% dos votos ( a súa terceira derrota perante Evo) e Jorge Quiroga non chegou ao 10 por cento.

“É unha vitorida do anti-imperialismo” afirmou Evo após coñecer as primeiras cifras do escrutinio e quixo adicar o resultado a Fidel Castro e Hugo Chávez. O reelecto presidente tendeu a man á oposición para “traballar” con sinceridade “por Bolivia”.

Estes comicios caracterizáronse por incluír unha gran participación da comunidade indíxena, os afro-bolivian@s, as mulleres e a mocidade, segundo o Alto Comisionado para os Dereitos Humanos da ONU, Dennis Racicot.

Ademais do presidente e vice-presidente, os e as bolivianas escolleron a 36 senadores, 4 por cada 1 dos 9 departamentos de Bolivia; 130 deputad@s, 63 en circunscricións uninominais, 60 en distritos pluri-nominais e 7 en xurisdicións especiais para os pobos indíxenas.