Falece Georgie Dann aos 81 anos e chora 'Luar'

O popular cantante morreu nun hospital madrileño, ao que acudira para someterse a unha operación de cadeira

 

georgie dann
photo_camera Dann durante unha actuación no 'Luar'

O emblemático cantante Georgie Dann, autor de míticas cancións do verán como El chiringuito,La Barbacoa ou Carnaval carnaval, faleceu esta cuarta feira aos 81 anos en Madrid. O popular músico morreu no Hospital Puerta de Hierro de Madrid, onde ía pasar polo quirófano para unha operación de cadeira.

GeorgesMayer Dahan naceu en París o 14 de xaneiro de 1940 no seo dunha familia de músicos e artistas. Estudou nove anos no conservatorio da capital francesa, onde se converteu nun experto  clarinetista, antes de lanzarse ao mundo da canción lixeira. Tamén tocaba o  saxofón e o acordeón.

Dann aterrou en España a mediados dos 60 para participar no Festival do Mediterráneo. E quedou para sempre. Para amenizar as vacacións coa súa canción do verán, que invariablemente publicaba ano tras ano coa chegada do bo tempo. Os seus pegadizos retrousos soaron sen descanso nas emisoras de radio e os guateques dos 60 e 70.

O cantante francé mantivo a súa fama durante os 80 e converteuse no rei do  revival a partir do ano 2000. Temas como El Bimbó,  Carnaval carnaval, El Africano, El chiringuito, La Barbacoa ou La Duchita fixeron de Dann un imprescindíbel do verán.

O artista ten aparecido en non poucas ocasións en Luar (TVG), desde especiais de Fin de Aano até de Entroido.

Comentarios