FBI comunica ao Congreso que exonera Clinton de responsabilidade criminal

Hillary Clinton, durante un debate; Trump, detrás

Unha boa noticia para a candidata demócrata nas vésperas do 8N: a nova remesa de correios electrónicos non conterían indicios de criminalidade.

A recente descoberta dun novo feixe de correios electrónicos enviados por Hillary Clinton desde un servidor privado na súa época como secretaria de Estado abaneou a campaña e devolveu opcións de vitoria ao candidato republicano Donald Trump.

Clinton criticou con dureza o director do FBI James Comey por revelar a existencia de novos correios a moi poucos días da conclusión da campaña.

En xullo pasado, o FBI valorou que no existían indicios de criminalidade -embora si imprudencia- no envío de documentos oficiais através dunha conta privada por parte de Clinton.

A análise do novo material non fixo modificar a valoración ao FBI e este domingo, a apenas 48 horas da abertura dos colexios eleitorais

A análise do novo material non fixo modificar a valoración ao FBI e este domingo, a apenas 48 horas da abertura dos colexios eleitorais, James Comey comunicou ao Congreso que mantén o criterio do mes de xullo e que non existe ningunha razón obxectiva para procesar a candidata demócrata.

Estamos perante un importante balón de oxíxeno para Clinton nun momento de práctico empate técnico nos inquéritos.

Donald Trump non quixo avaliar o contido da comunicación de Comey ao Congreso -que claramente o prexudica-, mais mantivo intacto o discurso de que Clinton "será investigada durante un longo tempo, e que probabelmente acabará por ser procesada".