Fin da guerra en Colombia

Os equipos negociadores das FARC e goberno colombiano atinxiron un acordo sobre o punto relatibo ao fin do conflito armado.

As Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) e o goberno colombiano informaron a través dun comunicado que atinxiran “con éxito” un acordo para o cesamento do fogo e as hostilidades, “bilateral e definitivo”. Acordo que abrangue aspectos realtivos á deixación de armas ou garantías “de seguridade e loita” contra responsábeis de masacres, entre outras cuestións.

O acordo dase a coñecer na Habana, escenario que acolle os diálogos de paz, que comezaron oficialmente en 2012 en Oslo (Noruega), nun acto no que para alén dos representantes das FARC e o goberno estarán os dos países garantes: Cuba e Noruega.. Tamén o secreatario xeral da ONU asiste á escenificación dun acordo que pon fin a máis de medio século de guerra en Colombia.