Francia mobiliza o exército

valls hollande francia

París desprega 15.000 soldados e axentes para protexer o que denomina ‘lugares sensíbeis’. Manuel Valls cifra en 1.400 as persoas en Francia venelladas coas redes 'yihadistas'.

 

O Goberno francés mobilizou 10.000 soldados e 5.000 axentes de policía para protexer o que denominan ‘lugares sensíbeis’, en referencia a posíbeis obxectivos do terrorismo . París mantén activo pois o plan Vigipirate de loita contra o terrorismo. Sinagogas, escolas xudeas ou mezquitas son algúns deses emprazamentos.

O primeiro ministro francés Manuel Valls manifestou esta segunda feira que se baralla como hipótese que colaboradores e cómplices dos atacantes de Charile Hebdo sigan libres.

Valls pronunciouse a favor de atinxir unha “asociación plena” entre todos para dar unha “resposta firme” na loita contra o terrorismo. Cifrou en 1.400 as persoas en Francia vencelladas a redes da ‘Yihad’ en Iraque e Siria.