Gales rexeita a proposta británica de aumentar a súa autonomía: “Non somos unha nación de segunda”

O goberno galés (laborista) oponse á proposta feita desde Londres, así como os independentistas e liberal-demócratas.

O proxecto de lei do goberno británico (conservador) para ampliar a autonomía de Gales a partir de 2016 obtivo unha oposición frontal do goberno galés (laborista), independentistas e liberal-demócratas, forzas que representan as ¾ partes do Parlamento. Londres quer transferir ás institucións galesas competencia sobre enerxía, transporte, goberno local ou eleccións, informan desde 'Nationalia'. O propio secretario de Estado do goberno británico para Gales recoñece que as posicións entre os executivos de Londres e galés están moi “afastadas” e que as perspectivas dun acordo eran máis ben poucas.

A insatisfacción parte de que a proposta británica contempla unha autonomía moito menor da que os galeses demandan. En 2014 a Comisión Silk (integrada por expertos e representantes dos catro partidos con representación) recomendou ao executivo británico que transferise a Gales competencias como o sistema xudicial ou forzas de seguridade.

"Insulto para o noso país"

O partido independentista, Plaid Cymru, dixo que a proposta británica era un “insulto para o noso país” e que facía de Gales “unha nación de segunda categoría”, con menos competencias e autoridade que Escocia ou Irlanda do Norte. O primeiro ministro galés, o social.demócrata Carwyn Jones, centrou o seur exeitamento en que o proxecto de Londres anmpara “un veto inglés sobre leis galesas”.

Dos 60 escanos da Asemblea Nacional galega, o Parlamento galés, o independentismo de PC ten 11 escanos, por 30 dos laboristas, 14 dos conservadores e 5 dos liberal-demócratas.