A Garda Civil interroga o secretario de Presidencia da Generalitat polo referendo

[Nació Digital. Arxiu ND]

Esta cuarta feira 26 de xullo, Joaquim Nin, secretario de Presidència da Generalitat, foi interrogado pola Garda Civil no cuartel de Travessera de Gràcia. Está tamén chamado a declarar o director xeral de Atenció Ciutadana, Jordi Graells. Estes dous procedementos englóbanse dentro da investigación aberta no xulgado de instrución número 13 de Barcelona polos preparativos do referendo.

Os interrogatorios son, máis concretamente, en relación á páxina web do Pacte Nacional del Referèndum e sobre a campaña institucional do rexistro de cataláns no exterior. A Garda Civil chamou tamén a declarar a traballadores de empresas, altos cargos e funcionarios da Generalitat nas últimas semanas con relación á investigación da consulta.

 

Segundo fontes gobernamentais, a Garda Civil visitará unha das empresas que opta ao proceso de homologación pola compra de urnas. O corpo policial requirirá tamén información ao TNC sobre o acto de Junts pel Sí no que se presentará a lei do referendo. A investigación aberta sobre os preparativos do referendo parte da denuncia do partido de ultradereita VOX polo chamado caso Santi Vidal.