Tamén a papeleta da votación

A Generalitat publica o vídeo oficial do "referendo de autodeterminación"

Un plano do vídeo

O Govern foxe do eufemismo. O referendo de 1-O é un referendo de autodeterminación. Así figura explicitamente no spot que acaba de facer rular a Generalitat de Catalunya.

A meio da súa conta twitter, o Govern acaba de tornar público o vídeo institucional co que quer alentar a participación na consulta autodeterminista de 1 de Outubro.

 

 

 

Tamén esta quinta feira o Govern aprobou un decreto de medidas complementares ao da convocatoria do referendo en que aparece a papeleta das votacións.

 

A pergunta á que terán de responder as e os cataláns -e que na papeleta aparece redixida en catalán, español e aranés, as tres linguas que serían oficiais nunha Catalunya independente, é: "Quer que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?".