Os gobernos español e británico achegan posturas arredor de Escocia e Catalunya

Rajoy e Cameron

O goberno da Escocia vén de denunciar a coordinación entre os gobernos español e británicos para achegar posturas contra os referendos en Escocia e Catalunya. O xornal dixital catalán Vilaweb recolle a celebración de xuntanzas entre representantes dos dous gobernos. 

O goberno da Escocia afirma que o principal asesor do primeiro ministro Cameron en temas escoceses xunto con outro cargo do goberno británico se xuntaron a seman apasada en Madrid con membros do goberno españo para trataren a súa posición a respeito dos dous procesos soberanistas. O goberno da Gran Bretaña mostrou o seu malestar pola ameaza do goberno español de vetar a presenza dunha Escocia independente na Unión Europea, o que terían considerado como unha intromisión en asuntos internos segundo informa o xornal dixital Vilaweb. 

Para Saldmond o episodio respondería á vontade do goberno británico de interferir no referendum escocés coa intromisión do goberno español como excusa. Segundo denunciou as posicións de Rajoy ao respecto -desmentidas logo polo goberno español- responden á vontade do propio Cameron.