O Goberno vasco prohibe votar a 200 persoas por ter Covid-19 ou sintomatoloxía
Medio milleiro de persoas que deron negativo en PCR recibirán instrucións de como votar o domingo.
A conselleira de Saúde, Nekane Murga, informou de que xa son 69 os casos de Covid-19 vinculados ao foco de Ordizia. En Araba diagnosticáronse cinco casos de coronavirus, tres deles en Gasteiz.
Ao redor de 200 persoas que deron positivo ou con sintomatoloxía non poderán acudir a votar o domingo.
Murga, que compareceu ante os medios canda a conselleira de Seguridade, Estefanía Beltrán de Heredia, destacou que as persoas PCR positivas ou con sintomatoloxía, ao redor de 200 , non poden acudir a votar.
Beltrán de Heredia deu conta das decisións da Xunta Electoral da CAV, que insiste en que as condicións adoptadas pola administración son suficientes. “Ratifica o traballo que viñamos desenvolvendo co Departamento de Saúde”, manifestou.