O Govern avanza que no referendo participaron “millóns” de persoas

Imaxe Ara

O portavoz do executivo catalán, Jordi Turull, asegurou que o Estado español deberá explicar nos “tribunais internacionais” a represión deste domingo. Tamén desde o concello de Barcelona informouse de que valoran presentar unha querela criminal contra os responsábeis das “vulneracións de dereitos humanos.

Jordi Turull, conseller de  Presidencia, da por feito que a pesar da violencia policial, a participación no referendo deste domingo vaise contar “por millóns”. Nunha comparecencia informativa, Turull asegurou tamén que o Estado terá que se explicar nos “tribunais internacionais” polo sucedido neste 1-O.

 

Informou que a policía logrou fechar 319 colexios electorais e que a cifra de persoas feridas é de 465. “Empregáronse gases lacrimóxenos. É unha salvaxada, un escándalo internacional. A actuación do Estado é de vergoña”.

 

O portavoz do executivo anunciou que o reconto será “longo”, polo que pediu “compresión e paciencia”, engadindo que “todo nos fai intuir que poderán contarse por millóns”.