Grecia anuncia compromisos nos vindeiros días para desbloquear a axuda financeira

Berlín e París insisten en que debe detallar as reformas. A UE dá un respiro a Atenas cunha inxección de 2.000 millóns de euros.

 

“O diñeiro non se lles vai entregar se non garanten as condicións adoptadas no último Eurogrupo”. A chanceller alemá Ángela Merkel expresábase así após a reunión de tres horas que ela e o presidente frances, Hollande, mantiveron co primeiro ministro grego, Tsipras. Unha xuntanza na que tamén estiveron presentes o xefe do Eurogrupo ou o presidente do BCE, entre outros.

A Grecia déronlle unha mensaxe en forma de ultinmatum: ou concreta as reformas que vai facer -e concrétaas axiña- ou non hai cartos. Diversas fontes cifran nuns 4.000 millóns de euros en débeda pública a curto prazo o que Grecia precisa como ‘inxección’ urxente. Bruxelas sáeo e semella que vai aproveitar para que Atenas profundice en reformas.

Esta reunión (´mini-cumio’ como lle chaman os grandes medios europeos), organizouna Tsipras. Unha aposta no diálogo para ir abrindo novas vías e posibilidades. As declaracións de Merkel (quere ver reformas concretas ao gosto de Berlín e de rápida aplicación) e de Hollande (Grecia que presente as reformas e o Eurogrupo avaliaraas para ver se abre a billa da axuda) non convidan ao optimismo. Mais unha axuda de emerxencia 2.000 millóns de euros para Grecia foi aprobada esta sexta feira 

Mais Aslexis Tsipras non desacouga. Afirmou após esta xuntanza que é “máis optimista” e anunciou que Atenas presentará nos vindeiros días as medidas. A vindeira sexta-feira haberá un Eurogrupo de ministros. Bruxelas quer que Grecia leve alí os deberes feitos.