Greve xeral o 3-O en Catalunya

Ara

A Táboa democrática, que integra ANC, Òmnium, CCOO e UXT, chama a parar o país a vindeira terza feira, data xa preavisada polos sindicatos alternativos (CGT, Intersindical-CSC, COS e IAC)

“O vindeiro 3 de outubro todo o mundo á rúa, greve xeral, un paro nacional”. Díxoo Jordi Cuixart, presidente de Òmnium na noite deste domingo perante miles de persoas na Praza de Catalunya. E díxoo pouco despois da xuntanza, este mesmo 1-O, da Tánoa democrática, a plataforma da que fan parte sindicatos e colectivos como o propio Òmnium ou a ANC. O acordo sería un paro de 10 minutos esta segunda feira e un paro xeral na terza feira.

 

Anna Gabriel (CUP) realizou este domingo unha chamada á greve xeral a terza feira. CGT, Intersindical-CSC, COS e IAC están na convocatoria da greve, para a que a Generalitat xa organizou os servizos mínimos. A convocatoria responde a un protesto contra a depauperación de condicións laborais e tamén de protesto contra a represión e recorte de liberdades e dereitos civís en Catalunya.