Holanda e Reino Unido, os primeiros en votar, apúntanse á abstención

Holandes@s e británic@s foron @s primeir@s en elixir os seus representantes ao Europarlamento, esta quinta feira. Os resultados non se darán a coñecer até o domingo, mais os dados relativos á abstención apuntan a unha participación do 37% en Holanda e en iguais niveis en Reino Unido.

Holanda e Reino Unido foron esta quinta feira os primeiros socios da Unión Europea en votar nos comicios para renovar o Europarlamento, tomándolle esta sexta o relevo as repúblicas checa e irlandesa. Os resultados desas eleccións non se darán a coñecer até o domingo para non influír no electorado do resto da UE. Nesta cita coas urnas están chamados a votar 328 millóns de electores de 28 estados para elixir 751 deputad@s.

Mais se até o domingo non se saberá a quen votaron británicos e holandeses o que si se sabe é que non foron moit@s @s que acudiron ás urnas. En Holanda só un 37% (abstención, asípois, superior o 60 por cento) e no Reino Unido estaría en niveis similares, segundo axencias e medios.

Unha cifra, o 60%, que podería ser a que se rexistrase no Estado español este domingo, segundo os 'trackings' electorais que manexan os principais partidos. A crise, a desafección, unha campaña de perfil baixo polo bipartidismo... seráin algúns dos factores.

Unha sondaxe da televisión holandesa feita con 10.000 electores apunta a que os vencedores nesta cita serían os liberais de esquerda e os democristianos, con 4 escanos cada unha destas formacións. Os coñecidos como 'euoescépticos', representados en Holanda polo populismo xenófobo de Geert Wides, tería un 13% dos votos e tres escanos, moito menos do agardado.

Non sería así en Reino Unido, onde o UKIP (dereita populista e anti-Unión Europea) podería ter un grande éxito nas urnas. Os británicos votaron esta quinta feira non só a Europa senón tamén para renovar as súas consellos municipais. Escrutados 58 dos 161 concellos, o UKIP tería obtido 87 concelleir@s (tiña só 1). Os laboristas terían 28 cámaras (+3), os conservadores 16 (-8) e os liberais só 2 (-1).

NO que atinxe a Irlanda do Norte, as enquisas apuntaban a que o Sinn Fein recuncaría como a forza máis votada na capital, Belfast.