Os incendios de Portugal, imaxe do día de Copernicus

Imaxe de Copernicus.

A imaxe foi tomada polo satélite Sentinel-3 de Copernicus.

Copernicus, o compoñente de observación da Terra do programa espacial da Unión Europea (UE), elixiu como imaxe do día unha imaxe dos incendios de Portugal, onde xa arderon máis de 10.000 hectáreas. Os lumes iniciáronse o 14 de setembro e a área queimada sitúase entre Porto e Aveiro, no norte e no centro do país.

A imaxe foi tomada polo satélite Sentinel-3 de Copernicus o 17 de setembro e mostra unha nube de fume que se expande até cubrir aproximadamente 100.000 quilómetros cadrados do océano Atlántico.

Segundo Copernicus, as autoridades locais emitiron advertencias de que o risco de incendio forestal vai seguir sendo alto ata polo menos até 20 de setembro.

Até o de agora, o incendio causou sete vítimas mortais. Actualmente hai máis de 5.000 bombeiros loitando contra as chamas.

A nivel europeo, activouse o Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea (UE) e despregar oito avións de extinción de incendios de Francia, Grecia, Italia e España para apoiar os labores de extinción.

Ademais, activouse un compoñente de cartografía a demanda do Servizo de Xestión de Emerxencias de Copernicus que funciona continuamente para proporcionar produtos cartográficos detallados que apoien as iniciativas de xestión de desastres.

Desde o domingo até esta terza feira arderon en Portugal máis de 30.000 hectáreas de bosque, mato e terras agrícolas, o dobre que o queimado desde o comezo do ano até o domingo, revelou a terza feira o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas ao semanario Expresso, mentres que o servizo Copernicus da Unión Europea (UE) elevou a cifra a máis de 62.000 hectáreas.