As inscritas de Podemos apoian gobernar Castela A Mancha co susanista García Page

Un acto da organización de Podemos en Castela A Mancha

Por vez primeira a formación morada asumirá funcións de goberno nun executivo autonómico. 77,98 por cento das súas persoas inscritas en Castela A Mancha votaron por entrar no gabinete que dirixe o susanista García Page, aliñado coas posturas máis conservadoras e centralistas do PSOE.

Primeiro goberno de coligazón PSOE-Podemos nunha comunidade autónoma. Será en Castela A Mancha após 77,98 por cento das inscritas da formación morada respaldar o acordo, face o 22,02 por cento de votos negativos. Tomaron parte na consulta 4.584 persoas. A entrada no goberno de García Page -Podemos terá unha consellaría e unha vicepresidencia- contaba co aval político de Pablo Iglesias.

 

As inscritas vincularon, en todo caso, o si aos orzamentos de García Page e á entrada no seu goberno á posta en marcha de políticas "propias" tales como unha renda social e un Plano de Garantías Cidadás.