A internacionalización política e xudicial da cuestión catalá
Malia o Goberno español presentar o conflito aberto con Catalunya como un “asunto interno”, o escenario aberto após o referendo do 1 de outubro, a declaración de independencia, a aplicación do 155 e a ofensiva xudicial contra o Govern, a cuestión catalá atinxiu un alcance mundial. O profesor de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC Antón Martínez Puñal explica as chaves dese proceso de internacionalización, político e xudicial. Eis un extracto da análise publicada no Sermos 272.
A internacionalización chegaría aínda a unha expresión maior a partir do ano 2014 no que pretendeu facerse unha consulta non vinculante. Esta foi declarada inconstitucional por un TC como o español, non independente por definición debido aos pecados de mediatización que comporta o sistema de elección dos seus maxistrados.
Institucionalización da internacionalización
Desde xaneiro de 2016, a Generalitat tiña un conseller, Raül Romeva, que se ocupaba dos Asuntos Internacionais, contando para iso cunha serie de Delegacións e Oficinas no exterior, todas elas clausuradas agora xa polo Goberno español, coa excepción da de Bruxelas.
[Podes ler a análise íntegra no número 272 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]