Israel bombardea Gaza, máis unha vez, coas crianzas como principais vítimas

Helicopteros do exército israelí bombardearon Gaza e Rafá, ferindo tres persoas, dúas delas crianzas

Nesta madrugada o exército israelí volveu bombardear Gaza, nunha operación aérea protagonizada por helicópteros militares sobre varias zonas civís, na capital da franxa e en Rafá. Como resultado dos bombardeos, tres persoas resultaron feridas, dúas delas crianzas.

 O ataque é o terceiro que Israel desenvolveu nestes últimos días contra este territorio palestino. A cuarta feira pasada, a aviación hebrea bombardeu un edificio, matando tres persoas. Tel Aví asegurou que eran terroristas, na dinámica habitual de información do executivo israelí. E na quinta, soldados do exército hebreo mataron outras tres personas, e de novo volveron cualificar os mortos de terroristas.

Nesta última acción, realizada nesta madrugada, Israel indicou que se enmarcaba na súa dinámica de loita contra o terrorismo e sinala que se ve obrigada a actuar perante os lanzamentos de cohetes caseiros por milician@s palestin@s.