O mapuche logra por primeira vez a oficialidade nun concello de Chile

Galvarino, de 13.000 habitantes, é o primeiro municipio chileno que asume o mapudungún como idioma oficial. O goberno central recoñece ao concello o dereito a usar a lingua mapuche.

Galvarino é o primeiro dos máis de 340 concellos chilenos onde o mapudungún (idioma mapuche) é oficial. Este municipio de 13.000 habitantes (70% mapuches) e que recibe o seu nome dun guerreiro mapuche do século XVI, poderá por fin empregar publica e oficialmente o mapudungun, un idioma que fala un terzo dos seus habitantes.

O goberno local oficializara en agosto de 2013 este idioma, mais existía un dictame da Control Xeral de Chile (controla a legalidade das decisións da administración pública) sobre se esa decisión era ou non procedente. Finalmente, o Estado español recoñece que as autoridades locais son competentes para declarar o mapudungun idioma oficial. Iso si, sinalan, que iso non ‘limite’ o español.

Rodrigo Marilaf, antropólogo e responsábel do programa de lingua mapuche de Galvarino, avoga porque esa decisión se traduza “pronto en políticas públicas de revitalización lingüística”.