A comunidade deline vota en referendo dotarse do ''autogoberno indíxena máis amplo de Canadá''

@s deline integran o pobo sahtu (parte das Nacións Orixinarias) e após 18 anos de reivindicacións e negociacións con Ontario aprobou nas urnas ter unha constitución con competencias en impostos, educación, lingua e cultura, ou servizos públicos.

Os diferentes pobos 'indíxenas' de Canadá, que se chaman a si propios 'Nacións Orixinarias', levan décadas reivindicando o autogoberno. Un deles é o pobo sahtú, que vive na rexións próxima ao Gran lago do Oso (no noroeste canadiano). Está organizado en catro grupos. Un deles, o deline, vén de ratificar en referendo un acordo de auto-goberno con Canadá. Un pacto que lle permitirá á comunidade deline ter competencias e capacidade lexislativa en diferentes eidos: desde impostos a cultura e lingua, de servizos públicos a educación.

En base a este acordo, os deline van ter unha constitución de seu e nomearán un parlamento e tribunais propios, ademais de poder elexir presidente. Con esta acordo finalizan 18 anos de negociación entre esta comunidade orixinaria e o goberno canadiano. “Imos ter o auto-goberno indíxena máis amplo de Canadá” sostivo Dany Gaudet, un dos representantes d@s deline.

Estes 'aborixes' (como se lles denomina no Canadá anglófilo polo de 'indíxenas' no francófilo) van construír o autogoberno alicerzado “nunha combinación do sistema público co compoñente indíxena”, segundo Gaudet.