ONU exixe ao Estado español que respecte os dereitos fundamentais en Catalunya

[Imaxe: Naciodigital] Referendo, Catalunya, 1-O

Un informe recolle as medidas represivas que o Estado español activaron para intentar evitar que se realice o referendo.

O comisionado da ONU para os dereitos humanos exixíu esta quinta feira que o Estado español respecte os dereitos fundamentais de Catalunya nas súas medidas fronte ao referendo do 1-O. Nunha nota partilla un informe emitido por dous dos seus expertos, David Kaye e Alfred de Zayas, onde se fan eco da represión que o Estado español activou para intentar que non se realice o referendo..

 

Estes expertos, que estiveron en contacto co goberno español, piden ás autoridades españolas que coas “medidas adoptadas” antes do 1-O “non interfiran” cos dereitos fundamentais á liberdade de expresión, reunión e asociación e participación pública.

 

"As medidas que estamos presenciando son preocupantes porque parecen violar dereitos individuais fundamentais, limitando o fluxo de información pública e a posibilidade dun debate aberto nun momento crítico para a democracia española", alertan.

 

Tamén avisan que o envío de miles de policías e garda civís e a “retórica que acompaña esta orde” poden aumentar as tensións e malestar social en Catalunya. Os expertos instan a todas as partes a exercer a maior moderación e a evitar actos violentos fronte a uns protestos “pacíficos”.

 

"Independentemente da legalidade do referendo, as autoridades españolas teñen a responsabilidade de respectar os dereitos que son esenciais para as sociedades democráticas", insisten. No texto repásasen diveferentes feitos desde que o 6 de setembro o Tribunal Constitucional declarou inconstitucional o referendo.