EUSKAL HERRIA

Otegi: "Disputemos, por vez primeira, a vitoria electoral"

Arnaldo Otegui
Nunca carta en nome dos cinco do “caso Bateragune”, Arnaldo Otegui analiza desde a prisión onde cumpre condena o escenario político de Euskal Herria, así coma as últimas novidades xudicais sobre o seu caso e os dos seus compañeiros e compañeiras. “Procuran colapsar, bloquear, neutralizar e destruir o proceso de paz” mais, salienta “non gañarán en Euskal Herria”.

Para Otegui, existe "unha axenda manexada polos inimigos da paz –Rajoy, Rubalcaba, Basagoiti, servizos de intelixencia...– que procura con cada vez maior grao de crueldade e de desesperación colapsar, bloquear, neutralizar e destruir o proceso de paz" e tamén “o conxunto do movemento soberanista". Así o sinala na carta recollida polo xornal Gara-

"A paz dálles pavor, por iso precisan bloquear o proceso e facelo onde aínda tiñan algunha posibilidade de influencia real, no cárcere, na represión", afirma.

Na liña desa reflexión, Otegui prosegue: "Saben que superar a fase das consecuencias do conflito levaranos de modo inmediato á fase do diálogo sobre as causas do mesmo. E non teñen ni axenda nin alternativa críbel para esa fase, saben que non poderán opor razóns democráticas aos desexos do pobo vasco de ser respectado como nación, con dereito a decidir libre e democráticamente o seu futuro".

O político elgoibartarra cre que o Estado español pretende "neutralizar" un candidato posíbel para as vindeiras elecións vascas. Admite que para el, como militante da esquerda abertzale, é "un orgullo" o feito de que o Estado crea que coa súa candidatura o independentismo gañaría os comicios e, tras indicar que "xa sabemos que candidatas e candidatos non son do agrado dos inimigos da paz", fai un chamamento para preparar "con deleite a máis refinada das respostas democráticas: Fagamos que, por primeira vez na historia, o independentismo dispute con altas posibilidades de alcanzar a vitoria nas vindeiras eleccións vascongadas".