OUI Quebec: Iniciativa popular retoma a aposta na independencia quebequesa

quebec

O movemento quer unificar partidos e colectivos independentistas nunha “mobilización permanente”. O apoio ao ‘si’ nun eventual referendo bascula entre o 32 e 34%.

 

O sábado 6 de decembro presentábase en Montreal OUI Quebec, unha iniciativa que se marca como dinámica a “mobilización permanente” a prol da independencia quebequesa do Canadá e que traballará pola unidade de partidos, organizacións e colectivos independentistas. Organizacións Unidas pola Independencia (OUI, siglas que significan é si en francés, o idioma falado nese país) vai seguir os camiños trazados no seu día polo Consello da Soberanía de Quebec, informa Nationalia. O Consello decidiu se refundar nesta nova entidade que se define como “non partidista”.

O independentismo dá así pasos á fronte após os fracasos dos dous referendos (1980 e 1995) e, máis recentemente, a perda, “estrepitosa” di Nationalia, do poder por parte do partido independentista por excelencia, o Partido Quebequés.

Unha das novidades de OUI é que, terminoloxicamente, deixa de lado o concepto de ‘soberanía’ -que era o que se empregaba habitualmente nas entidades, partidos e organizacións a prol da independencia – e asumen claramente o de ‘independencia’. Explican o cambio no feito de que consideran que o termo ‘soberanía’ tornouse ambiguo, afirman.

Sondaxes

Segundo os últimos inquéritos sobre un eventual referendo de independencia (sondaxes feitas en outubro e novembro de 2014) @s partidari@s de se separar de Canadá serían entre o 32 e o 34%; o nivel máis baixo desde hai anos. Os e as contrarias á independencia roldan o 66%.