Pablo Iglesias cre que Filipe VI podería gañar unhas eleccións porque esperta "enorme simpatía"

Pablo Iglesias no Parlamento

O líder de Podemos lembra que a súa formación defende un "proceso constituínte" e revela que ten pedido unha entrevista co chefe do Estado.

 

Nunha entrevista coa axencia Reuters recollida por Europa Press, Pablo Iglesias manifesta a súa inclinación por que o chefe de Estado se submeta a procesos eleitorais, no canto de chegar á máis alta maxistratura pública por "razóns hereditarias".

Nese sentido, Iglesias acha que Filipe VI "tería moitas posibilidades de gañar unhas eleccións como chefe de Estado" porque esperta "enorme simpatía" entre as cidadás e os cidadáns. Este criterio vaillo trasladar persoalmente ao monarca en cuanto se concretizar a petición de entrevista realizada polo dirixente da formación emerxente.

O líder de Podemos lembra a Reuters que a súa formación aspira a abrir un "proceso constituínte, no que se podan discutir moitas cuestións que teñen a ver co modelo de Estado".