A participación en Francia ao mediodía é do 28,2%, dous puntos e medio menos que en 2012

Máis de 45 millóns de franceses están chamados a votar na segunda volta das presidencias galas. Todas as enquisas apontan unha vitoria de Macron.

Ás 12:00 horas, catro horas despois de abrir os colexios electorais, a participación na segunda volta das eleccións presidencias francesas era do 28,2%. Unha porcentaxe que é inferior á asistencia de votantes nesa mesma hora na primeira volta e tamén máis baixa que nas anteriores citas para elixir presidente da República.

Así, nas eleccións presidencias de 2012 a participación ás 12:00 horas foi do 30,6%, o que supón dous puntos e medio máis. Se imos aos comicios de 2007, alí a afluencia a votar situábase nesa hora no 34,1%, o que supón seis puntos máis que neste domingo.  

Todas as enquisas e sondaxes vaticinan unha vitoria de Emmanuel Macron sobre Marine Le Pen, coincidindo a maioría deses inquéritos en que o candidato de En Marcha obtería por volta do 60-65% dos votos fronte ao 35-40% da candidata da Fronte Nacional. Porén, e como durante a campaña desta segunda volta incidiron non poucos analistas, a participación vai ser un elemento fundamental.