Pello Otxandiano presentará a súa candidatura á investidura como lehendakari

Pello Otxandiano, portavoz de EH Bildu no Parlamento vasco (Foto: H.Bilbao / Europa Press).
A decisión estivo apoiada nos resultados das eleccións europeas nas que a coalición soberanista foi primeira forza, con case 3.000 votos de vantaxe sobre Partido Socialista, relegando o PNV ao terceiro posto.

O portavoz do grupo parlamentario de EH Bildu, Pello Otxandiano, presentará a súa candidatura ao pleno de investidura que decorrerá o próximo 20 de xuño no Parlamento vasco e no que sairá elixido, previsibelmente, o jeltzale Imanol Pradales en primeiro volta cos votos do PNV e o PSE-EE.

Tal como confirmou esta terza feira a parlamentaria da formación soberanista Nerea Kortajarena, Otxandiano presentará a súa candidatura e contrastará na Cámara o seu programa co de Pradales.

A decisión adoptouna EH Bildu esta segunda feira pola noite, despois de que se coñecese o acordo programático para a conformación do próximo Executivo vasco entre o PNV e o PSE-EE.

A decisión tamén estivo apoiada nos resultados das eleccións europeas nas que a coalición soberanista foi primeira forza, acon case 3.000 votos de vantaxe sobre Partido Socialista, relegando o PNV ao terceiro posto.

Nos comicios ao Parlamento vasco EH Bildu empatou a 27 escanos cos jeltzales, aínda que gañou a formación liderada por Andoni Ortuzar ao rexistrar o PNV 30.000 sufraxios máis que os abertzales.

Desexo de "cambio"

Kortajarena asegurou que Pello Otxandiano presentarase "por responsabilidade" despois de que unha gran parte da poboación de Euskadi mostrase o seu desexo de "cambio" ao situar EH Bildu como primeira forza nas urnas.