A Policía consegue 48 horas máis para interrogar a Gerry Adams

Gerry Adams

Os republicanos consideran que esta prórroga confirma o 'transfondo político' da detención e alertan do impacto no proceseo do paz. E advirten que o republicanismo podería reprantexarse o seu posicionamento sobre o PSNI, a policía dos 6 condados.

Ás 20:00 horas desta sexta feira finalizaba o prazo que tiña o PSNI (Policía de Irlanda do Norte) para interrogar a Gerry Amdans, retido na comisaría de Antrim, en relación a unha acción do IRA de 1972 (asasinato e desaparición dunha muller á que tiñan por confidente dos británicos). Mais a xustiza deu o visto bo á petición do PSNI de ter 48 horas máis para interrogar a Adams, unha decisión que vén de caer como unha bomba na illa.

Desde o Sinn Féin opinan que esta prórroga vén a confirmar que hai un interese e un trasfondo político na detención do dirixente nacionalista irlandés, un trasfondo motivado tanto polos sectores unionistas máis refractarios o proceso do paz como polos bos resultados que as enquisas agoiraban para o SF nestas europeas. (Un exemplo: na capital da República, Dublín, a forza máis votada, co 25% dos votos)

RUC, PSNI

Desde o republicanismo irlandés, aliás, lanzouse unha advertencia de calado: que poderían reprantexarse o seu posicionamento sobre a nova policía norirlandesa, até o de agora marcada pola ausencia de animosidade. O PSNI é a herdeiro, nado da man do proceso de paz, do RUC, corpo odiado durante as décadas de conflito polos católicos pola súa implicación co lealismo e unionismo máis sectario.

As relacións de membros do RUC nos 70 e nos 80 con asasinatos, secuestros, torturas e desaparicións fixeron que nos bastións repúblicanos dos 6 condados (Derry, Belfast Oeste,..) fosen máis odiados mesmo que o exército británico.

De decidir o SF que o PSNI pasa ser 'non grato' este corpo ficaría invalidado de facto para operar nos barrios e condados católicos.