O PSC obtén a alcaldía de Badalona co apoio de PP e Ciudadanos

Imaxe: @ajbadalona

Desaloxa Dolors Sabater, que desde as eleccións de 2015 lideraba un goberno do que facían parte Guanyem Badalona, ERC e ICV-EUiA.

O bloque do 155 –PP, PSC e Ciudadadanos- sumou forzas en Badalona, a terceira cidade catalá (220.000 habitantes) para despexar da alcaldía a Dolors Sabater e poñer como rexedor o até de agora portavoz socialista, Àlex Pastor. Sabater gobernaba desde as eleccións de 2015 un goberno do que facían parte Guanyem Badalona, ERC e ICV-EUiA.

 

Foron tres horas de pleno extraordinario. O PP xogou a manter a tensión até o último minuto, mesmo pedindo un receso para decidir que votar. Mais ninguén dubidaba, embora a teatralidade de Albiol (exalcalde de Badalona e portavoz do PP -10 concelleiros-) por facerse de rogar que apoiarían o candidato do PSC (3 edís). Un paso que tamén sumou o Cs -1 concelleiro-.

 

Así pois, os partidarios da moción sumaron 14 edís fronte 12 en contra e 1 abstención. O novo alcalde, Àlex Pastor, defendeu a moción por “responsabilidade” e para, dixo, poñer o Concello en mans “dos cidadáns”. “Badalona non é independentista e a alcaldesa actuou como se tivese unha maioría que non ten ni nesta sala nin na cidade”.

 

Dolors Sabaté, de por parte, reprochou ao PSC que “traizoe” o seu programa electoral para “facer o xogo” a García Albiol e “abrir as portas” ao PP.