Puigdemont, disposto a ser candidato o 21D

puigdemont

O president eleito reitera que "non fuxiu" da xustiza española

Carles Puigdemont, está disposto a ser candidato ás eleccións do 21 de decembro, aínda que el agora mesmo se atope no estranxeiro. Nunha entrevista coa televisión belga RTBF, que se retransmitirá esta tarde, Puigdemont volveu reiterar que "non fuxiu" da xustiza española. Nun avance que emitiu a cadea, o presidente afirma que está disposto a comparecer perante os xuíces españois mais "ante a verdadeira xustiza (o belga) e non contra o español".

 

Tamén dixo que non "teme" falar co presidente español, Mariano Rajoy, e que sempre está "disposto a dialogar". Puigdemont advertiu que "non é normal” e que é “extremadamente bárbaro" que os representantes democraticamente elixidos polos cataláns teñan que facer fronte a peticións de até 30 anos de prisión. "Non podemos falar sobre a democracia se estas son as regras do xogo", lamentou.