Que se sabe do afundimento do luxoso veleiro no que faleceu o 'Bill Gates británico'?

Recuperación do cadáver de David Lynch. (Foto: Antonio Melita / Zuma Press / ContactoPhoto vía Europa Press)
O iate de luxo 'Bayesian' naufragou a pasada segunda feira perto da costa de Sicilia (Italia) con 22 persoas a bordo. Entre as pasaxeiras do veleiro atopábase o magnate tecnolóxico Michael Lynch, coñecido como o 'Bill Gates británico', cuxo cadáver foi achado días despois pola Garda Costeira italiana.

O iate de luxo 'Bayesian' naufragou a pasada segunda feira perto da costa de Sicilia (Italia) con 22 persoas a bordo. Entre as pasaxeiras do veleiro atopábase o magnate tecnolóxico Michael Lynch, coñecido como o 'Bill Gates británico', cuxo cadáver foi achado días despois pola Garda Costeira italiana.

O sinistro produciuse durante unha repentina tormenta. Ademais, segundo as informacións ao respecto do suceso, semella que Lynch quería celebrar unha festa na embarcación —que segundo estimacións ten un valor duns 40 millóns de dólares— tras gañar unha dura batalla legal por cargos de estafa nos EUA.

No mes de xuño deste ano 2024, un xurado de San Francisco absolveuno dos cargos de estafa relacionados coa venda da súa empresa de software, Autonomy, a Hewlett-Packard, nunha operación que tivo lugar en 2011 e coa que ingresou 11.000 millóns de dólares.

O iate 'insomerxíbel' afundiu en cuestión de segundos

Os fabricantes da embarcación, de 56 metros de eslora, cualificárona de insomerxíbel. Con todo, o propietario dunha vila situada a uns 200 metros do lugar dos feitos asegurou que o iate desapareceu "en só 60 segundos".

Giovanni Costantino, director executivo de The Italian Sea Group, ao que pertence o fabricante do luxoso veleiro chamado 'Bayesian', declarou a AP que os "superiates" deste tipo están "deseñados para ser insomerxíbeis".

"E é insomerxíbel non só porque está deseñado así, senón tamén porque é un veleiro, e os veleiros son os máis seguros de todos os tempos", dixo, agregando que, "obviamente non deben chocar violentamente contra rocas, desprendéndose o casco, e non debe entrar auga". Afirma que iso último foi o que ocorreu durante a tormenta.

A pesar de que non hai sospeitosos ou sospeitosas no caso, a Fiscalía italiana empezaron a recoller evidencias para realizar unha investigación criminal. Neste sentido, a investigación trata de determinar, entre outros detalles, por que o iate afundiu mentres que un veleiro próximo case non resultou danado, destaca AP.

A filla de Lynch, entre as posíbeis vítimas

22 persoas —10 tripulantes e 12 pasaxeiros e pasaxeiras—estaban a bordo do iate no momento do accidente. Delas, 15 foron rescatadas. Entre as persoas que desapareceron no afundimento do iate está tamén o británico Jonathan Bloomer, presidente da multinacional financeira estadounidense Morgan Stanley.

Seis cadáveres, entre eles o de Lynch, foron recuperados. Os labores de procura continúan para atopar a unha persoa máis que non foi identificada de maneira oficial, mais segundo sinalan diversos medios de comunicación, podería ser a filla do empresario, Hannah Lynch, de 18 anos.