Impeachment: O Senado de EUA absolve Donald Trump
O Senado de Estados Unidos decidiu rexeitar a recomendación do Congreso de destituír Donald Trump, acusado de abuso de poder e obstrución á Cámara Baixa polas súas manobras en Ucraína “para influír no seu favor nas elección”.
O republicanismo fechou filas e Trump resultou absolto. As e os senadores rexeitaron por 52 votos a favor e 48 en contra no primeiro cargo (o relacionado con Ucraína) e por 53 a 47 no segundo (obstaculizar a investigación deses feitos). Trump, pois, foi declarado “non culpábel”.
Tan só o senador de Utah Mitt Romney votou a favor do ‘impeachment’ nas filas republicanas. Mormón, Romney xustificou o seu voto en que a súa “conciencia” e a súa “fe” obríganlle a respectar o xuramento de imparcialidade que fixo ao principio do xuízo.
Este veredicto é unha vitoria de Trump, que sae reforzado do que el cualifica como “a farsa do impeachment”.