@s líderes da UE escollen a Juncker para suceder a Durão Barroso

Juncker

Populares, socialdemócratas e liberais apoian o candidato da dereita, só rexeitado por Gran Bretaña e Hungría.

“Decisión tomada. O Consello Europeo propón a Jean-Clauede Juncker como próximo presidente da Comisión Europea”. Esta breve mensaxe anzada na súa conta de twitter polo presidente do Consello europeo, Van Rompuy, abondou para que tod@s se desen por enteirados. Non fixo falla nin rolda de prensa ou comunicado oficial. Un simple chío para despachar unha cuestión trascendental para Europa.

Os líderes da UE confirmaron esta sexta feira que Juncker vai ser a persoa que substitúa a Barroso, unha responsabilidade que deberá ser confirmada nunha votación no Europarlamento o vindeiro 16 de xullo. Non se agardan dificultades, á vista de que ten o apoio de populares, socialdemócratas e liberais.

Só os primeiros ministros de Gran Bretaña e Hungría se posicionaron en contra. Non polo modelo social ou por discrepar do ‘austericidio’, senón porque ven en Juncker alguén excesivamente federalista.