Sturgeon anuncia unha proposición de lei para un novo referendo independentista en Escocia

SNP e Os Verdes garanten a maioría pro-independencia na Cámara escocesa.

Nicola Sturgeon (SNP) anunciou que a vindeira semana presenará unha proposición de lei para facer un segundo referendo de independencia de Escocia. Porén, a primeira ministra escocesa, vencellou o feito de que a proposta chegue ao Parlamento a condición na que fique Escocia após o 'Brexit', é dicir, despois da saída do Reino Unido da Unión Europa. Na consulta sobre o Brexit, o 62 por cento dos escoceses votaron contra a marcha británica da UE. 

Sturgeon anunciou que, perante un escenario de 'Brexit', solicitará que o goberno escocés asuma competencias en materia de acordos internacionais, inmigración e economía. Dixo tamén que presentará unha proposta para que o seu país se manteña dentro do mercado común europeo embora o Reino Unido o abandone.

De ser estas propostas do goberno escocés rexeitadas por Londres, entón daríase luz verde á proposta, xa peparada, dun novo referendo en Escocia para que esta sexa aprobada pola Cámara escocesa. A maioría independentista está garantida polo SNP e Greens, que suman 69 dos 129 escanos que ten o Parlamento. O bando unionista (Laboristas, Conservadores e Liberal-Demócratas) suman 65.